Calquera persoa maior de 16 anos de idade que queira mellorar ou aprender ferramentas para a creación literaria poderá contar a partir do vindeiro mes de xuño coa Escola de Letras. A iniciativa foi presentada pola Deputación de Pontevedra e a Editorial Galaxia quen resaltou que é a primeira escola de Galicia con esta formación.
Consistirá na celebración de varios obradoiros dirixidos por escritoras e escritores de renome. Neles, poderán participar ata un máximo de 15 persoas.
As clases serán nas sedes da Deputación en Vigo e Pontevedra. Na cidade olívica, van ter lugar os obradoiros de Escrita Creativa Básica, o obradoiro Literario de perfeccionamento, o de Poesía de Perfeccionamento e o Literario para Maiores.
Na vila do Lérez, celebraranse os obradoiros de Escrita Creativa Avanzada, o Literario de Iniciación, o Literario Avanzado e o obradoiro de Poesía Básico.
A iniciativa foi presentada por Camela Silva, presidenta da Deputación; e polo director de Galaxia, Francisco Castro. Este último explicou que un dos fins últimos é sacar á luz creacións dos autores participantes. Tamén resaltou que esta escola “será un lugar para soñar a través da palabra”.
Pola súa parte, Silva indicou que “é unha idea marabillosa” que procura apoiar a xente que “goza escribindo e á que podemos axudar a crecer na súa paixón”.
Dende Galaxia, explicaron nunha nota que “se lle pretende dar á cidadanía unha oportunidade para fomentar a imaxinación e o gusto pola literatura, cunha axuda dirixida para que sexan quen de crear textos literarios propios”.
As persoas que queiran apuntarse poderán facelo a partir deste xoves 21 de maio a través dunha conta de correo. Dende Galaxia, subliñroan que as peticións serán atendidas por “rigoroso orde de entrada”.