Síguenos en redes sociales:

Xabier Díaz presenta o adianto de "Illas de sal", o seu novo vídeoclip

A peza audiovisual completa estréase este xoves 7 de maio

Xabier Díaz presenta o adianto de "Illas de sal", o seu novo vídeoclip

Tres meses fai xa que Xabier Díaz, na compaña das Adufeiras de Salitre, presentaba "No salón das cereixas", un avance do seu último disco, "As catedrais silenciadas". O álbum viu a luz ao tempo que nacía un estado de alarma ao que aínda non lle vemos a fin: publicado o 13 de marzo, xusto o día no que Pedro Sánchez anunciaba a aprobación da medida, o disco viña a engordar o vizoso panorama 'tradi' galego como unha sorte de berro ante o despoboamento do rural e a perda cultural que supón.

Aínda que o confinamento obrigoulle a adiar a xira até o ano que vén, Díaz segue a receitarnos pílulas das súas 'catedrais'. Desta vez, a menciña musical chega bautizada como "Illas de sal", unha peza que se pode escoitar en Youtube, plataforma na que se colgará, este mesmo xoves, o vídeo que a acompaña e do que xa hai 'teaser' dende esta mesma mañá de luns.

Pulsa para ver más contenido para ti