'No salón das cereixas', o primeiro sinxelo e videoclip do próximo disco de Xabier Díaz, xa está no aire. A peza formará parte do inminente novo álbum do músico galego, As catedrais silenciadas, que sairá á luz o próximo 13 de marzo. Logo do rotundo éxito colleitado con Noró, volverá estar acompañado polas voces e percusións das Adufeiras de Salitre.

Este primeiro adianto é un pasodobre que homenaxea ás nais e avoas que conservaron a lírica e a música popular. Elas son, segundo o músico, as principais responsables de que o folclore chegara vivo ata os nosos días. 'No salón das cereixas', baseado no relato dunha desas mulleres, sitúase en Berdillo (Carballo). Alí, onde hoxe hai unha escola unitaria, noutrora había unha cerdeira. Ao pé da árbore e coa luz dun candil bailaban e cantaban as mulleres que mantiveron viva a tradición popular.