Andrea Pousa, a artista galega que ten levado os seus espectáculos con Bruxo Queiman por medio mundo, ofrece un concerto esta tarde de xoves de balde.

A cita é no salón ou calquera recuncho dos nosos fogares. Será pola súa canle de Instagram a partir das seis da tarde. Se non tendes o seu primeiro disco en solitario, "Respirar", podedes facervos coas cancións no Spotify ou YouTube pero se queredes un son en directo, conectade co seu Instagram.

Andrea Pousa súmase ó hashtag #aculturasegue. Esta mesma semana, era Fon Román quen daba un concerto polo Instagram. Ó remate do mesmo, unha delicia, o compositor e cantante vigués prometía ofrecer outro nos vindeiros días.