A xornalista Rosa M. Tristán, mañá no ciclo de crise climática do IEM

A xornalista e divulgadora científica e ambiental Rosa M. Tristán ofrece mañá, venres 10, unha conferencia no ciclo “Crise climática ou crise do sistema?” que organiza o IEM no seu local de Gondomar. A partires das 20.00 falará de “Comunicación ambiental, entre as mensaxes que non chegan e as fake news” e dará pistas sobre como navegar polas redes sen perderse na desinformación e na intoxicación de mensaxes interesadas.