Gondomar acolle dúas presentacións literarias

O Instituto de estudos Miñoráns acolle hoxe, venres 19 de xaneiro, ás 20.00 horas no seu local, a aula de cultura Ponte de Rosas de Gondomar, un coloquio e presentación do libro "Un taxi verde e un concerto", de Tuco Cerviño. Conducirán o acto a catedrática Camiño Noia e o historiador Carlos Méixome. Á mesma hora, na libraría Libraida, presentarase unha nova edición de "Emma", Jane Austen. Trátase dunha adaptación do clásico para facelo accesible á xente moza.