Ardelume grava un vídeo clip en lugares emblemáticos de Galicia

O grupo de Baiña desprazouse a distintas localidades para gravar a canción “Morriña de Galicia”

O grupo de integración Ardelume de Baiña.

O grupo de integración Ardelume de Baiña. / FdV

Redacción

O grupo de integración Ardelume de Baiña, dirixidos polo seu profesor Samuel Soto, desprazouse o pasado domingo a distintas localidades galegas para gravar o vídeo clip da canción “Morriña de Galicia”, escrita por Pili Rodríguez con música de Samuel Soto.

As pontes de Ourense, a praza do Obradoiro de Santiago, a muralla de Lugo, os canizos de Combarro, e o faro Silleiro serán algúns das locaciones de gravación.

Este vídeo clip está financiado pola Deputación de Pontevedra e será unha canción promocional en galego sobre a nosa terra. O vídeo estará gravado por Diego Bea Besada.