Florencio Delgado Gurriarán é o autor honrado este ano no Día das Letras, pero no centro cultural de Baíña faránlle un oco tamén á historia local e a unha das veciñas con máis que contar. Avelina Fernández González, a derradeira veciña da aldea de San Cosme lembrará cos asistentes como era a vida naquel poboado medieval acompañada do historiador local Anxo Rodríguez Lemos. O acto, organizado pola comunidade de montes, terá lugar este martes ás 11.00 da mañá.