A asociación cultural Lucenza-Ateneo de Nigrán organiza mañá venres unha conferencia do profesor Xesús Alonso Montero ás 20.00 no auditorio municipal. O catedrático e académico falará de Florencio Gurriarán, o autor homenaxeado este ano o Día das Letras Galegas, sobre o que vén de publicar un estudo monográfico titulado “Florencio Gurriarán. Poeta na terra, na guerra e no exilio”.