A Biblioteca Municipal Luís Seoane do concello de Soutomaior acollerá hoxe, a partir das 18.00 horas, a actividade denominada “A hora do conto”. Trátase dunha iniciativa creativa que se levará a cabo o último venres de cada mes e coa que se pretende achegar ás crianzas, de entre catro e 12 anos, o mundo dos contos e da literatura a partir de creacións e narracións elaboradas por Pavís Pavós.