As comunidades de montes de Redondela apostan polo galego

C.S.

O Consello Forestal de Redondela vén de aprobar unha declaración a prol do galego, iniciativa presentada polo departamento de Normalización Lingüística municipal e que recolle “o compromiso das comunidades de montes de usar a lingua galega tanto na documentación interna como na externa, así como esixir as empresas de xestión forestal que os contratos, indicacións ou avisos estean escritos en galego”.

Según destacou a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, este documento “supón un paso máis para implicar no proceso de normalización lingüística aos axentes sociais de Redondela”.