22 persoas recolleronos premios da I Primavera Videoliteraria ao longo dunha gala pechada no auditorio Lois Tobío de Gondomar.

O certame organizado polo Instituto de Estudos Miñoráns e os concellos de Baiona, Nigrán e Gondomar rematou con Lucía García Giráldez e Raúl Costas Pereira como gañadores adultos na categoría de videopoema, na que tamén foron recoñecidas Nuria Costas e Itziar Misa na categoría de 14 a 16 anos e Héctor Costas e Brenda González na de 11 a 13. Xosé Lorenzo gañou na de 8 anos.

En canto a videorrelatos, os adultos José Troncoso e Laura Rodríguez levaron os galardóns, mentres que Nuria Costas gañou na categoría de 14 a 16 anos e Alexandra Alfaro e Carlota Fontelo, na de 9 a 10 anos. Houbo accésits para outras dez persoas.