Xela Arias e o músico Samuel Soto comparten marquesiña en Baíña. Os dous están pintados nas paredes por obra dun grupo de veciños que os pintou para rendirlles unha homenaxe impulsada polo centro cultural, o colectivo Baíña en rede e o grupo folclórico Ardelume co gallo do Día das Letras.

Esta marquesiña e outra adicada ao Baíña Fútbol Sala e a Cabo Silleiro foron inauguradas onte, tralo acto celebrado no colexio de Fontes, onde o pintor Caíno presentou o seu segundo libro, “Os ollos no tempo”, e onde Samuel Soto estreou a peza musical que compuxo para a poetisa honrada nas Letras deste ano. Os alumnos expuxeron tamén debuxos inspirados na obra de Caíno.