O Concello de Gondomar celebra hoxe o Día das Letras cunha mañá de cultura na praza da Paradela. Ás 11.30 comezará a homenaxe a Antón Fraguas cunha actividade musical e un obradoiro de ilustración da artista Irene Silva. Ás 12.00 arrancan os obradoiros infantís na honra do autor e ás 13.45 farase unha lectura pública dos seus textos.