A escritora María Xosé Queizán, unha das autoras máis relevantes e influentes do panorama literario galego actual, presenta hoxe na libraría Libraida de Gondomar a súa última obra, a autobiografía titulada "Vivir a galope", editada por Xerais e galardoada co Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de ensaio e de investigación o ano pasado. O acto arrancará ás 20.00 e será presentado pola profesora e escritora Camiño Noia e polo director de Edicións Xerais, Fran Alonso.