A Casa da Cultura de Redondela acolle mañá, as 12.00 horas, un acto institucional para celebra-lo 35 aniversario da Lei de normalización lingüística, aprobada polo Parlamento de Galicia en 1983. No acto participarán o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García; o alcalde de Redondela, Javier Bas; o creador e primeiro responsable do Servizo de Normalización Lingüística, Xosé González; e o técnico de normalización, Xurxo Martínez González. Haberá unha actuación musical de Luís Emilio Batallán e, ó rematar, descubrirase unha placa como lembranza e homenaxe ó traballo pioneiro de Redondela na galeguización da Administración municipal.