13 de abril de 2018
13.04.2018
VAL MIÑOR

Iria Misa: "Gustaríame axudar con esta novela a que os mozos recoñezan a violencia machista"

A autora presenta hoxe "Segredos no solpor" no Casino de Sabarís

13.04.2018 | 04:55
Iria Misa, en A Ladeira. // Marta G. Brea

Edicións Xerais publicou hai ano e medio a súa novela "Xa non estou aquí" tras outorgarlle o premio de literatura xuvenil Jules Verne e agora vén de editar "Segredos no Solpor", a obra coa que a escritora baionesa Iria Misa quedou tamén finalista no mesmo certame. Un "dous por un" que a autora celebra hoxe coa presentación ao público en Sabarís desta segunda historia, que se desenvolve en escenarios ficticios do Val Miñor. O acto terá lugar no Casino ás 20.00 e contará coa presenza do director do selo editorial, Manuel Bragado, e do blogueiro literario David González.

-Que nos conta en "Segredos no solpor"?

-É unha historia de verán nun hotel de praia, no que a protagonista se atopa resolvendo misterios. Volvo retratar a etapa da adolescencia, desta volta desde unha perspectiva más amable. Aínda que a moza afronta situacións adversas, é un canto ao optimismo.

-Que tipo de situacións adversas?

-A violencia de xénero. Preocúpame como viven os malos tratos os mozos que atopo nas aulas nas que dou clase. Os profesores percibimos que non recoñecen a violencia machista, por exemplo, ven os celos como algo normal. Vexo que moitas mozas están liberadas no tipo de relacións que teñen pero á vez están atrapadas na idea do amor romántico e iso leva a moitos conflitos. Se están nunha relación tóxica non se decatan. Hai moita violencia invisible e gustaríame axudar con este libro a que os mozos reflexionen sobre a violencia e a recoñezan.

-Hai algo de vostede na obra?

-O entorno no que transcorre a historia. É o Val Miñor, aínda que con escenarios ficticios. Dede que comecei a escribila, ía imaxinando escenas en lugares concretos. A localidade chámase Bico, pero é Sabarís. O hotel está situado nunha finca baleira xunto a rotonda de Isolina, aparece a praia da Ladeira, as baterías de Cabo Silleiro... A xente de aquí recoñecerá os escenarios.

-Volve á literatura xuvenil.

-En realidade, esta novela escribina antes de "Xa non estou aquí", pero tamén vai dirixida ao mesmo público. Supoño que isto tén que ver co meu traballo como profesora. É inevitable reflexionar sobre o que lles pasa aos alumnos e lembrar aquela etapa que xa rematou con nostalxia. Falar dela desde a distancia.

-A súa primeira publicación obtivo un recoñecido premio e a segunda, foi finalista no mesmo. Sente presión á hora de escribir a seguinte?

-Eu comecei presentándome a un concurso e funcionou, pero iso non quere dicir que unha persona que non gañe un concurso non sexa boa. Agora estoume tomando un descanso para preparar oposicións, pero xa veremos como é o seguinte salto ao baleiro.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2018/2019

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2018/2019 .

 


GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia