Os poemarios titulados "As cinzas de Pasolini", "Erosións", "Laxa negra" e "Saint Pièrre et Michelon" son os finalistas do X Certame Poético Victoriano Taibo, que convocan o Concello de Gondomar en colaboración co Instituto de Estudos Miñoráns. O xurado, reunido o 11 de setembro, escolleu estas obras entre 49 obras presentadas. Nos vindeiros días darase a coñecer o gañador desta edición. A entrega do premio está prevista o día 18 de novembro nun acto que decorrerá no auditorio municipal Lois Tobío de Gondomar.