José Antonio Uris Guisantes e o persoeiro a quen A Guarda adica este ano o Día das Letras Galegas nun acto previsto para o vindeiro día 30 de maio, organizado pola Agrupación Cultural Guardesa que preside Julia Sobrino. Traballador incansable, fundador de Érguete Baixo Miño, este filántropo guardés valora os vintecatro anos adicados á loita social. "Podo presumir de ter contribuido, co meu esforzo, a tratar de que moitas persoas sigan tendo esperanza, sigan sendo estimadas e puideran conseguir ser cidadás como calquera outros", explica.

-¿Como recibiu a noticia desta homenaxe?

-Con enorme satisfacción, aínda que nunca me gustaron as homenaxes á miña persoa, a considero como un aval social a miña labor persoal e colectiva de tantos anos. Un premio moral a unha persoa dedicada a unha tarefa voluntaria que non dá cartos, unha tarefa que non é obrigatoria, que día a día a veces se fai duro, pero que cando chegas a casa, a propia familia a notas solidaria contigo, te apoia, te mima e te quere, iso é impagable. Por iso cando os amigos, veciños tamén o recoñecen, sinto entrar como unha formiga percorrendo a pel.

-¿Que traballo recolle mellor o seu sentir por A Guarda e pola entidade galega?

-A loita social que levo dende 1984 en solitario, e a partir de 1990 en equipo, na ONG Érguete Baixo Miño, polo que conleva, polo que se fixo, e polo día a día. É unha labor que me satisfai no meu ego, na miña autoestima, que o mellor dende a rúa non se albisca a labor, pero que nestes vintecatro anos podo presumir de ter contribuído co meu esforzo, con tesón, con alegría, con paciencia, a tratar de que moitas persoas sigan tendo esperanza... sigan sendo estimadas, e puideran conseguir ser cidadás como calquera outros. Son optimista e aprecio dende a miña perspectiva deste vintecatro anos de labor social, os valores da nosa xuventude, moitas das veces menosprezados, e con sambenitos que non veñen ao caso.

-É unha das persoas que coñece mellor o pasado e o presente da vila, e tamén é una voz crítica, cando fai falla. ¿Hai algunha vella reivindicación que lle gustaría mirar cumprimentada?

- O Plan Comarcal sobre Drogodependencias. É un dos obxectivos que nos propuxemos cando se fundou Érguete. Parecía unha utopía, pero pode ser xa unha realidade, gracias a que os políticos tomaron en serio e con interese a labor de información, prevención e reinserción social nesta comarca. Outro obxectivo e poder entregar á Concellería de Cultura unha recopilación dos datos e documentos que levo investigado en distintos arquivos, relacionados ca nosa historia, para que calquera cidadán que visite a Biblioteca Municipal, poida ter a seu alcance datos fundamentais da historia deste pobo chamado A Guarda.