Este era o título dun artículo que alá polos anos noventa do século pasado o escritor Méndez Ferrín suscribía no Faro de Vigo. Isto viña ao caso daquela cando o que suscribe era presidente da Asociación Veciñal de San Miguel de Oia, tiña que saír ó paso nos medios de comunicación sobre as informacións falsas da ubicación territorial tanto da illa como da finca Toralla denominada Mirambel, porque esa familia tiña concesión que foi rescatada polo Concello de Vigo no mandato do Alcalde Manuel Soto (Q.E.D.). A partires de aí comenza a controversia, un sector de xente de Coruxo defende que tanto a illa como a finca citada están nos seus dominios, cousa que nunca existiu.

Despois de tantos anos seguimos na mesma, dende a Asociación de Veciños de Coruxo volven a redundar nesta situación en declaracións do seu presidente aproveitando que a Policía desarticulou un botellón na praia de Toralla manifestou que xa estaban denunciando ese asunto e aproveitou para destacar a normalidade que se estaba dando nos concertos de todos os xoves de agosto na vila romana de Toralla.

A min me parece moi ben que o presidente da Asociación de Veciños de Coruxo se preocupe polo fenómeno do botellón, o que non procede e a intervención da Asociación Veciñal de Coruxo na vila romana de Toralla, porque non está no seu ámbito de actuación.

Para coñecemento xeral de todos os cidadás vou a transcribir unha pequena parte do artigo de Méndez Ferrín, e dicía así: Outra vez Toralla.

"Se vostedes consultan o mapa de Fontán poño por caso, verán que alí recibe o nome de Toralla unha porción da parroquia de San Miguel de Oia, que vai aproximadamente dende o riacho do Vao á vella estación do tranvía que chamaban Canido. Foi precisamente o nome de tal apeadoiro o que desplazou sobre todo nas falas dos vigueses do centro e dos veraneantes o nome de Toralla que quedou so para lle chamar á illa (vexan que nunca se di illa Toralla, senón illa de Toralla) sendo sustituido por Canido que en principio se refería so a un lugar menor que non sei ben onde se encontra. Aínda así son moitos os mariñeiros da Ría que lle siguen dicindo Toralla a todo ese territorio da nosa costa. Os camiños da vida levaron a este escritor a San Miguel de Oia a Toralla". Este é un anaco de este artigo tan ilustrativo do escritor X.L. Méndez Ferrín.

Volvendo a inxerencia entendo eu que se da por parte da Asociación Veciñal de Coruxo recórdolles que vostedes non son os anfitrións na vila romana de Toralla por moito que se empeñen, todo esto ocurre pola inacción da nosa Asociación que non está nin se lle espera, e co consentimento do noso equipo do goberno municipal.

Por último pregunto, ¿por que non se señalizan os límites parroquiais co cartel identificador no Pontillón do Vao e no kilómetro catro da PO 325 da Hermida? ¿Por que todas as parroquias están identificadas menos San Miguel de Oia?

Continuará...