Sempre o foi.Digoo pola recente fichaxe dos irmáns Montes polo Celta B.

No Celta sempre houbo redondeláns no primeiro equipo. Cabezo,Germán,Dula,Hortas ,Miñán ,Bouzón,Couñago e agora Costas.Tamen no Celta B, no Turista e no Gran Peña cando eran filiais .E igualmente na base, dende benxamíns ate xuvenis

Nesta categoría e neste momento, destacan M.Rodríguez e D.Vilán,porque son convocados pola selección española.

Eu e o grupo Casa Paco 81, sempre tivemos moi boa relación co Celta, dende que estaban Carnero, Maté, Sáez, Sarmiento... Ate agora, que está Álex Otero e demais adestradores e monitores. Cando imos á Madroa somos recibidos como se estivéramos na nosa casa.

A canteira do Celta é, nesta altura, unha das máis brillantes de España. Eu síntome agradecido e afortunado por traballar coa canteira redondelá porque están saíndo deseguido futuros xogadores do Celta.

Tamén temos a Peña Celtista de Redondela, co seu presidente Dositeo que non falla un partido levando un autobús xente de aquí e de Chapela. Contamos con dous socios dos máis antigos: Manuel Leirós (recente falecido), que ía a cumprir os 50 anos de socio; e Tino da Lucera. As nosas cafeterías sempre que xoga o Celta poñen o partido.

Despídome desexando sorte os irmáns Montes e que Redondela e o Celta sigan xuntos así de ben. Redondela é celtista.