Se buscamos a denominación da palabra, podemos dicir que a pizarra é unha roca metamórfica formada por elementos sedimentarios arcillosos. Ten a característica de poder dividirse facilmente en láminas, ás que se lle poden dar múltiple usos. España é o primeiro productor mundial de pizarra da que Galicia acapara o 60 %.

A idea de escribir hoxe sobre este tema veume dada, entre outras cousas, porque teño un amigo cuxo oficio é colocar cubertas de pizarra e canelóns, como é lóxico, para recoller as augas; que por certo, polos anos dedicado a ese traballo e a súa pericia no asunto (todo hai que dicilo) se lle foi pegando o alcume de "O Pizarras". Pero ademais da utilización deste material para cuberta das casas e dos edificios, ten máis cousas nas que se emprega, polo que , como dicía, é alomenos un pouco curioso falar do asunto.

Podiamos empezar pola famosa pizarra da antiga escola. É unha peza dese material rixida de ó redor de 9x12 cm, forrada cun marco de madeira. Para poder escribir nela utilizábase o pizarrín, que era do mesmo material feito á maneira dun lapis; este ás veces tamén se utilizaba para facer o chiste das connotacións virís, que daba risas ou enfados, segundo os seus parecidos. A xente que fomos a aquela escola podemos lembrarnos da experiencia que vivimos, e, parece mentira, tampouco fai tanto. Nela escribiamos facendo as contas das catro regras, os problemas e dictados que nos mandaba o mestre, etc.; e cando as cousas non ían ben, ata había alguén que levaba con ela na cachola. Aínda que parece ser xa se utilizada na Idade Media ou antes, foi no XIX cando se popularizou. Neses tempos, e pouco máis adiante tamén se utilizou outra clase de pizarra ou pizarrón, tamén chamado encerado, pois estaba vernizado con cera ou pintura.

Como aquel dito de "vivir para ver", poden vostedes ir a certos restaurantes e, case seguro que xa non lles chama a atenciónque lle poñan de comer nun anaco de pizarra plana, e lle queiran sorprender cun manxar derramado nela. Así que, aí ten a famosa pizarra cun novo uso que se está a poñer de moda. Quen o diría que iamos chegar a comer nunha tella de pizarra?

Nestes tempos xa máis que espaciais, podemos tamén falar doutra clase de pizarras. Estamos no momento do dixital. É o mundo da informática que nos rodea, e ata, se non temos cuidado, pode asoballarnos. Pero bueno, descúbrense moitas cousas útiles, limpas e boas como pode ser o invento das "pizarras dixitais" e as "tablets". As cousas no mundo do progreso vanse sustituíndo. A nostálxica pizarra da escola ven a ser a tablet. O pizarrón ou encerado será a pizarra dixital. E así son as cousas. Pero é convinte tamén non "olvidarse do angazo". Quere dicir o conto que aqueles instrumentos tan rudimentarios para aprender, deron os seus froitos. Os de agora deberían dar moitos máis...