María Alonso estivo dous anos de bolseira en Escocia. "Cando volvía a Vigo botaba de menos as chimeneas, fritangas e mesmo os hipsters de Edimburgo". Na televisión cando falan da emigración contan historias amables ou de éxito e ignoran as de desamparo. Ocúltase a cara b. Avoga polo contradiscurso. No ensaio Transmigrantes analiza o fenómeno migratorio dentro do sistema capitalista. Moitos volveron máis pobres. Ela comparte piso pateira con descoñecidos.

Lito Vila Baleato é "fillo da emigración de dicionario". Ten tíos avós que estiveron en Bos Aires. O seu pai era do Carballiño e a nai de Val do Dubra e coñecéronse en Alemania. Marcharon pero non querían que lle sucedese o mesmo o seu fillo. Pero "me trataron moi ben, moito mellor que aquí. Pero devezo por volver. Quizais se volvemos podemos mudar algo". Me sangran os ollos por ver tantos nenos na diáspora cando Galicia se desangra demográficamente.

A avoa de Xavier Queipo marchou a Cuba trala guerra. Meteuse no PC non por ideoloxía senón por ventaxas na cartilla de racionamento. El sufriu o servizo militar. Vintesete horas en tren a Barcelona. "Fixen unha trampa, unha arenga militar que me serviu para lograr 15 días de vacacións". O seguinte éxodo foi voluntario. Foi catro veces de asalariado a Terranova. Eran tres meses sen tocar porto. A tomar mostras e ver baleas. Bacallao de almorzo, comida e cea. "Era repugnante e non me gustaba". Agás os sábados que había callos e os domingos cocido.

Viu un anuncio na prensa na que pedían inspectores de pesca para a comunidade europea, mandou currículo e chegoulle un telegrama para facela entrevista. Empezou en febreiro do 89. Nos primeiros seis meses en Bruxelas para contactar coa familia tiña que baixar á cabina. "Quizais non me interesa volver a esta sociedade ruín que nos expulsou de aquí".

Figueredo foi de Erasmus a Sheffield. "Había un respeto dos profesores maior que aquí". A relación de Anna sobreviviu a cinco anos separados. "Pero sego sendo unha persoa libre". Integrouse non só no típico guetto latino. Cando remataba o Doutoramento tiña cinco ofertas interesantísimas de traballo en centros de investigación pero morreu o seu pai. Fixo unha última aposta, unha chamada ó destino, e mandou cen currículos en Galicia. E xurdiu a oportunidade en La Salle. "Non son desafortunada. O soldo de antes era moito mellor pero adícome á literatura, escribín unha novela, falo con xente que estaba nos meus libros de texto..."