12 de julio de 2018
12.07.2018

O odio é delito

12.07.2018 | 02:09

Non só está tipificado no noso código penal no seu artigo 510 senón que incumpre a Constitución española, a Constitución europea, a Declaración Universal dos Dereitos Humanos e demais lexislación vixente en todo o mundo, pero sobre todo, é algo que vai en contra do respecto básico entre seres humanos, en contra da ética e do benestar común.

Por iso é preferible tomarse un antiemético antes que tres lingotazos de Larios, que xa se sabe que hai xente que utiliza o alcohol como xustificante de todo tipo de barbaridades, e evitar regurxitar palabras que rozan o delito.

Porque non é guay ser gay nin deixa de selo, ser gay, a día de hoxe, igual que ser lesbiana ou pertencer do modo que sexa ao colectivo LGTB, segue sendo un motivo de discriminación, de opresión, temos máis probabilidades de sufrir unha agresión, e se imos a determinados lugares do mundo, incluso a nosa vida pode correr perigo. Iso non é guay, José Rodríguez Gómez de Negreira, como tampouco é guay que te rexeite a túa familia ou o teu entorno como lle pasa a un bo número de mozos/as na nosa cidade e dos que temos coñecemento na Asociación Nós Mesmas.

Por isto, valorar a riqueza da diversidade, visibilizar o que durante séculos foi perseguido, castigado, discriminado, insultado e condenado, mediante unha bandeira do arco da vella é un acto de inclusión de todo tipo de opcións afectivo-sexuais e de xénero, é dignificar a diferencia e de isto, debería sentirse orgulloso toda a comunidade non só de Negreira, senón de tódolos pobos, aldeas, vilas e cidades galegas e do mundo, que este mes penduraron dos seus balcóns a única bandeira que non constrúe fronteiras senón que as rompe, que non divide senón que aglutina a todas as persoas, a todas, incluídas as que considéranse en posesión da normalidade, como este veciño de peito e odio descubertos.

Aínda que normal, o que se di normal, como ben sabemos, non o é ninguén. E menos mal!

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
S.P.
Lo malo del embrollo que ha montado la Xunta con la sede de la fundación...
MANUEL BRAGADO
Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na Princesa inaugurou o rico comerciante Velázquez Moreno...
 

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine