A Xustiza Social só pode definirse a partir do feito concreto da inxustiza social. Algúns estudiosos sosteñen que o concepto de xustiza social corresponde coa xustiza distributiva que dicía Aristóteles, e tanto que a noción da xustiza conmutativa que predicaba corresponde coa idea clásica da justicia das sociedades modernas. Aristóteles consideraba que é a virtude máis necesaria de todas para a conservación do mundo. A xustiza tamén é unha virtude política e social, á orde da comunidade.

No ano 1891 o papa León XIII publica a primeira encíclica Rerum Novarum (Das cousas novas), primeiro documento oficial do cristianismo sobre a cuestión social. Trataba os problemas da clase obreira, en especial os do campo; que en moitas partes do mundo se celebra ese día como a festa dos campesiños, o día 15 de maio. Aquí coincide co San Isidro labrador. A encíclica fala da dignidade da persoa, dos deberes xerais do Estado, da preferencia ós traballadores. Pasado o tempo, vai habendo máis papas que publicaron as chamadas encíclicas sociais. Todas elas ían dirixidadas ós cristiáns para que coa súa doctrina deran exemplo no tratamento das problemas cos que se atopa a sociedade.

Está claro que os que predican esa virtude na actuación do que ten que ser xusto de cara ós demais, moitas veces, por desgracia, non dan bo exemplo na práctica.

A Xustiza Social ten que estar intimamente unida á Política Social. Moitos políticos falan constantemente dos asuntos sociais. Sempre din que os van arranxar, sobre todo nas campañas electorais... Non se comprometen de verdade coa xente máis débil. Eles son os primeros que non dan exemplo. Claro, son tantos que lle compre case todo para eles, e non lle queda para repartir...

Que me perdoen aquelas persoas que traballan na política coa vocación xa, que as felicito, porque as hai; é de agradecer ese oficio tan digno e sacrificado cando se fai ben. Pero sigo dicindo que temos demasiadas institucións e organismos nas que se asentan ou as sentan a moitas persoas para que esteen ocupadas e pouco máis.

Vou a preguntar, que pasaría se non existiran o Senado, as Deputacións, os asesores á dedo?? Por certo, os asesores especializados con oposición para as distintas areas?

Tamén vén ó caso. Estes días están os funcionarios da Xustiza en folga. Négaselles unha mísera cantidade de aumento de salario. Tamén andan neso os fiscais e xuíces pedindo condicións de traballo e medios para poder desenrolar ben o seu labor e dar un servizo eficaz ó pobo. Para chegar a unha verdadeira xustiza social é imprescindible darlle medios a todo o aparato xudicial. Podiamolos comparar cos salarios e despachos dos políticos... A eles non lles falta de nada. Só co que custou a renovación dos móbiles dos deputados xa se atendían boa parte desas reivindicacións...

Despois do dito penso que podemos ter unha reflexión do pouco que se está a facer en pro dunha Xustiza Social, tan vital para unha sociedade igualitaria e digna para todas as persoas.

Cástor Rodríguez González