16 de mayo de 2018
16.05.2018

Día dos números galegos

16.05.2018 | 06:01

"Chove, chove na casa do pobre/ e no meu corazón tamén chove" (Celso Emilio Ferreiro, "Inverno")

Eu non teño nada que celebrar na data do 17 diste maio. Falo, escribo, e leo galego porque me peta. O meu compromiso altofalante está coa xente, que fala galego, barallete, ou castrapo. Celebraría, coma agradezo, ai iso sí, que me entenderan, aínda que en moitas ocasións teña que empregar o castelán (comparto a miña vida cunha muller castelán caseque monolingüe).

Hoxe quero trocar as fermosas verbas galegas polos desnús e fríos números, que nos veñen a falar de que en Galicia pouco temos que celebrar. Remato de leer un extenso informe feito pola Fundación de Estudios de Economía Aplicada (FEDEA) e Accenture. No documento interviron Cruz Roxa Española, Inserta Fund. ONCE, Fundación Tomillo, Fundación Secretariado Xitano e Fundación FOESSA:"Poboación especialmente vulnerable ao emprego en España".

Énchenselle a boca aos membros do goberno e os do seu partido político cando manifestan que grazas a recuperación económica, ao crecemento do PIB, estase reducindo a taxa do paro. Créase emprego, maila que é un emprego precario. Traballos de miseria que abocan ao risco da pobreza a moitos traballadores. As cifras referidas a Galicia, sinalan que máis de 127.000 traballadores atópanse nese risco, un 23% de suba dende o último ano (da taxa do 6,1 no ano anterior ata o 7,5 diste ano).

Estamos a falar de traballadores que non chegan ao salario mínimo anual. Xa que traballan a tempo parcial: meses, días, semáns, horas, sen acadar o ano de traballo. Nin siquera cunha formación superior os libera do risco da miseria. Contabilízanse coma 30.000 traballadores con estudos universitarios á beira da pobreza.

Voulle tomar a palabra ao Sr. Núñez Feijóo. Dixo: " seu compromiso é obedecer o que Galicia lle pida, o que Galicia manda e que Galicia demanda...Temos que escoitar aos galegos." Coma galego que son, escoiteme. Faga política, xunto cos seus curmáns da Moncloa, que nos libere do penoso ranking dos traballadores no risco da pobreza. Alomenos, estar ao mesmo nivel doutras nacionalidades históricas, que posúen lingoa propia, e gobernadas por demonizados, segundo vostedes, nacionalistas. Non digamos xa que teñen unha taxa do paro tres ou catro puntos por debaixo da nosa, e cunhas pensións medias por enriba dun 30% da media galega.

As nosas fermosas letras galegas vénse nebulizadas pola feiúra duns números, froito das políticas económicas neoliberais dun goberno rexindo pra unha minoría, que é quen de beneficiarse da riqueza económica da que presume iste compadreo político. Bebendo da lírica de Curros Enríquez, " pra probe Galicia non hai maio, para probe Galicia sempre é inverno".

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
S.P.
Lo malo del embrollo que ha montado la Xunta con la sede de la fundación...
MANUEL BRAGADO
Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na Princesa inaugurou o rico comerciante Velázquez Moreno...
 

Calendario laboral y escolar 2018/2019

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2018/2019 .