Adolfo Suárez, do que non se pode dicir que era de esquerdas, colaborou con Juan Carlos I na convocatoria dunhas Cortes que foron Constituíntes. Non ten por que non facelo Mariano Rajoy con Felipe VI.

David Cameron, conservador, non ten ningún reparo ao falar de nacións no Reino Unido, no que é primeiro ministro. Non debería telo Mariano Rajoy Brey en falar de que o Reino de España é plurinacional, nin tampouco Alberto Núñez Feijoó en dicir que Galicia é unha nación.

O mesmo Feijóo, que di presidir un partido galeguista reformista, aínda que en 13TV dixo que non ía dicindo que o galego é máis antigo co castelán, o que é certo e non ten por que agochalo e si promocionalo. Por exemplo propiciando que os nenos aprendan a escribir en galego ao tempo que en castelán.

Penso que axiña é tempo de que a dereita mude a prol do troco que quer España e compre que o faga xa apoiando unha reforma constitucional, que permita que as próximas Cortes sexan tamén constituíntes. Tan só ten que conter un artigo "As Cortes Xerais aproban que a próxima convocatoria de eleccións a Cortes Xerais sexa tamén a Cortes Constituíntes".