Que está pasando co baloncesto en Cuntis? Ó Clube de Baloncesto Cuntis-Cafetería Don Manuel, ven de denegárselle a subvención do Concello de Cuntis, e segundo parece, tamén, dende o venres 30 de maio, perderán as dúas horas semanais, que ten o clube para entrenar no pabillón municipal.

Entre os deportistas da cesta e os siareiros hai preocupación, porque o que está en xogo non é só a pervivencia dun clube de amigos nado nos anos oitenta e polo que pasaron varias xeracións de xóvenes cuntienses. O que está en xogo é unha oportunidade das poucas que ten a xuventude cuntiense, de elexir un estilo de vida, baseado no fomento das potencialidades persoais e colectivas, basado nunha vida sá no físico, psíquico e social, alonxado da destrución persoal e social.

A xuventude cuntiense cando acada a edade laboral ten poucas posibilidades de empregarse no seu pobo e parece que a situación se vai recrudecer ata o punto de ter tamén que saír do seu Concello para practicar un dos deportes que máis lles gusta. Que sería de Fran Vázquez se o Concello de Arzúa non apostase polo deporte da cesta?

Parece ser que a práctica do deporte non é electoralmente rendábel, xa que últimamente incluso na ensinanza pretenden sacar horas de ximnaxia, ou deportistas de élite coma David Cal teñen que trasladarse a outras comunidades a entrenar, nun momento donde a cidadanía amósase alarmada polo rumbo que está a tomar a xuventude que practica o botellón, a videoconsola, o sedentarismo, o bandalismo, a drogadicción e en casos amosa desprezo hacia a súa propia vida e a dos demais, por exemplo, facendo ralies ilegais polas estradas. É que a xuventude ten outra alternativa? é que nin a xuventude galega temos dereito a desenrolar as nosas potencialidades?

Despois inténtannos convencer de que "somos unha potencia".

Señores/as responsables do deporte, do ensino e da xuventude, do Concello de Cuntis, deixemos desaparecer o Clube de Baloncesto Cuntis-Cafetería Don Manuel, e logo na nosa casa con tranquilidade e sen remordimento de conciencia, disfrutemos no sofá vendo xogar a Pau Gasol na NBA.

Os cuntienses, como bos galegos, non temos dereito, nin a soñar, nin a demostrar que si se aposta por nós, cunha mínima inversión, aforrámonos moitos disgustos, satisfacemos moitas ilusións, facemos da nosa terra un lugar mellor e formamos mellores persoas para a nosa sociedade.

Esta fin de semana o Clube Cuntiense xogou a fase de ascenso, e así ó encontro celebrado o sábado 31 de maio, en Pontecesures, asistiu un nutrido grupo de siareiros cuntienses, incluso a alcaldesa Fátima Monteagudo. O esforzo dos deportistas do Clube de Baloncesto Cuntis-Cafetería Don Manuel, e os seus siareir@s reportoulles o terceiro posto da liga, demostrando unha vez máis que en Cuntis, o baloncesto é un deporte de interese público.