Ofrecendo sempre as primeiras marcas e a mellor preparación, Formatesa Lalín SL presta servizo a toda España. Especialistas en instalacións industriais, tuneis e viaductos, instalacións domésticas e comunitarias, Formatesa conta con instaladores de electricidade, fontanería, enerxía solar fotovoltaica, eólica, e mantemento, tanto en obra civil como edificación.

Sempre á vangarda da enerxía, Formatesa busca un rendemento óptimo das súas instalacións cun consumo mínimo no que se aproveita toda a enerxía eléctrica, solar, eólica e hidráulica. Destacan as instalacións de bombeos solares e as de autoconsumo, así como as instalacións híbridas e illadas.

Dende Formatesa Lalín SL tamén se tramitan as subvencións e ofrecen financiamento adaptado a cada necesidade.