Sociedade

Avelaíña fala na Cañiza sobre a saúde mental das mulleres

A precariedade, e a violencia, principais axentes agresores

Un momento da charla “En familia todas contan”.   | // D.P.

Un momento da charla “En familia todas contan”. | // D.P. / d.p.

d.p.

A asociación Avelaíña Saúde mental, coa organización do Concello da Cañiza en colaboración coa Asociación Érguete, ofreceron unha charla-coloquio orientado cara ás particularidades da saúde mental nas mulleres, dentro do programa “En Familia todas Contan”, centrada na saúde mental. A saúde mental, din en Avelaíña, é un “estado completo de benestar físico, mental e social, que non se cingue só á ausencia de afeccións ou doenzas, e que é fundamental en todas as etapas da nosa vida”.

As relatoras centraronse nesta ocasión na saúde das mulleres porque é distinta a dos homes, por factores biolóxicos e tamén polas desigualdades por factores de xénero. No coloquio abordáronse as condicións que prexudican o benestar emocional, a saúde e a calidade de vida, como por exemplo a sobrecarga por coidados a outras persoas, a reprodución, as tarefas non remuneradas, os traballos precarios, a doble e incluso triple xornada de traballo, situacións de violencia ou abusos, ou mesmo os ideais de belleza.

Esta actividade enmárcase dentro dos programas da Unidade de Prevención de drogodependencias e outras conductas aditivas dos Concellos da Cañiza, Arbo, Crecente e Melón.