Música

O xoven contrabaixista David Guerreiro ficha pola Metropol Orkest

O músico ponteareán reside agora en Ámsterdam e atópase de xira

V.P.

O músico ponteareán David Guerreiro Domínguez forma parte desde este ano da Jong Metropole, unha orquestra xoven que dirixe a prestixiosa Metropol Orkest de Holanda.

Este prometedor músico comezou o seu camiño na música con tan só oito anos no Centro de Música Moderna de Ponteareas, e actualmente reside en Amsterdam, onde segue a formarse como contrabaixista. Este verán comeza unha xira por Paises Baixos e Alemaña.

“Un orgullo de veciño cun futuro prometedor na música” sinala o goberno ponteareán.