Exposición

Porriño homenaxea á pintura galega

Porriño homenaxea á pintura galega

Porriño homenaxea á pintura galega

A Asociación O Porriño Arte súmase como cada ano á conmemoración do Día das Letras Galegas cunha exposición homenaxe á pintura galega, que recolle reproducións de obras importantes dos séculos XX e XXI. No mes dedicado a Francisco Fernández del Riego, os artistas de O Porriño Arte reproduciron varias pezas de pintores como Xaime Quesada, Alfonso Costa, Luis Dávila, Xavier Pousa, Luis Xeoane, Ali Ali ou Tomás Pereira. A mostra está composta por 14 obras asinadas por Chola Amoedo, Teresa Fernández, Susana Carballas, Pepa Carrera, Carlos Díaz, Rosa Pereira, Ana Carrera e os orixinais de Nito Pereiro e Nuria Vilanova.

A exposición permanecerá aberta ao público ata o 29 de maio no centro cultural municipal.