Igualdade

Alumnado da Cañiza traballa na prevención da violencia de xénero

Compoñen letras ás que logo lle poñen música

l. c.

O Concello da Cañiza retomou este mes de abril as actividades do proxecto Violeta do Servizo de Igualdade. O alumnado de 3º de ESO do CPI da Cañiza está a participar nesta nova edición do programa educativo Xénero Educa de Grupo Koremi.

Esta mesma semana iniciouse a actividade “X(é)nero Versos: música pola igualdade” na que se traballa a prevención da violencia de xénero e a promoción da igualdade entre mulleres e homes, utilizando a música e en concreto o rap, como canle de comunicación coa adolescencia. Así, divididos en grupos e acompañados por un produtor musical, os escolares compoñen letras ás que logo lle poñen música e gravan.

O obxectivo do proxecto é poñer coñecementos pedagóxicos e musicais en mans do alumnado para que compoñan letras, fagan ou elixan a súa base musical e finalmente graven unha canción na que poidan expresar as súas opinións sobre a igualdade e a violencia de xénero.