O Concello de Baiona ten aberta a inscrición para participar no Programa de Conciliación Nadal 2022. As persoas interesadas teñen de prazo para anotarse ata o vindeiro luns, 21 de novembro, ás 14,00 horas.

O Programa de Conciliación Nadal 2022 é un programa promovido pola Concellería de Igualdade a través do Centro Municipal de Información á Muller, que ten como obxectivo a conciliación da vida familiar e laboral e ao mesmo tempo facilitar un espazo educativo e de entretemento para os nenos e nenas, favorecendo o seu desenvolvemento integral.

Desenvolverase no CPI Cova Terreña, e vai dirixido a menores de 3 a 12 anos. Para inscrición e máis información poden contactar nos teléfonos986 357 552 e 986 35 75 54