O Festival de Cans e o Concello do Porriño promoven este ano unha nova edición de Cinemaldea, unha iniciativa que achega ás zonas rurais do municipio unha selección das curtametraxes premiadas na última edición desta certame cinematográfico.

Dado o éxito da convocatoria do pasado ano, o Concello do Porriño convidou de novo a todas as asociacións que o desexasen, a formar parte da segunda edición de Cinemaldea. En total foron sete foron asociacións culturais e veciñais que se sumaron á segunda edición de Cinemaldea acollendo nos seus locais as proxeccións das diferentes pezas.

Xa houbo sesións no Centro Cultural As Mimosas de Carracido, no de San Xurxo de Mosende, Chenlo e en Casal-Chan de Budiño e quedan pendente de celebrarse na AA. VV O Castelo de Cans, que será mañá ás 18.00 horas; na Asociación Cultural Os Penediños de Atios, o vindeiro sábado ás 17.00 horas, e na Forna de Budiño, o domingo 27 ás 19.00 horas.