Cultura

O Mercado Ecolóxico e Artesanal chega aos Xardíns Urbano Lugrís

Será o 27 de novembro y Aberto o prazo ata o venres para solicitar posto

Celebración dun mercado anterior na vila.  | // FDV

Celebración dun mercado anterior na vila. | // FDV / l. c.

l. c.

O Concello de Bueu celebra o próximo 27 de novembro unha nova edición do Mercado Ecolóxico e Artesanal, que terá lugar na carpa dos Xardíns de Urbano Lugrís – As Lagoas e no que se poderán mercar durante toda a xornada produtos ecolóxicos, gastronómicos e artesanais, ademais de gozar de actividades diversas. Así, dende a Concellaría de Promoción Económica que dirixe Silvia Carballo vénse de abrir o prazo para que as persoas e entidades poidan solicitar un posto de venda, procedemento que se estenderá ata o 28 de outubro, e cuxas bases se poden consultar na web municipal, concellodebueu.gal

Este mercado xa conta con máis de dez anos de historia, e foi posto en marcha con diversos obxectivos, entre eles, diversificar e consolidar a economía local partindo do consumo responsable e a produción sustentable, aproveitando os recursos endóxenos con criterios de responsabilidade social, económica e ecolóxica; contribuír á conservación e recuperación da cultura rural e tradicional, con especial relevancia dos oficios tradicionais, a sabedoría popular e campesiña, e as formas de uso e xestión sustentable dos recursos naturais; e conservar a biodiversidade biolóxica e os agrosistemas asociados ás actividades produtivas de carácter local, ecolóxico e artesanal.

O mercado constará cun máximo de trinta postos, que poderán solicitar produtores de sectores de alimentación, artesanía, comercio xusto, saúde e benestar, tecidos e calzado, turismo e gastronómicos.