Educación

Alumnado e profesorado alemán coñecen a cultura do Condado

Intercambio entre o IES Salvaterra e o centro de ensino KSF Freigericht

Estudantes e profesores alemáns foron recibidos pola alcaldesa de Salvaterra no salón de plenos.  | // D.P.

Estudantes e profesores alemáns foron recibidos pola alcaldesa de Salvaterra no salón de plenos. | // D.P. / D.P.

D.P.

O Instituto de Educación Secundaria de Salvaterra de Miño acolle unha delegación de alumnado e profesorado de Alemaña que participa nun intercambio escolar con estudantes de 1º de bacharelato.

Dous días despois da súa chegada, o xoves 13 de outubro, foron recibidos no salón de plenos de Salvaterra pola alcaldesa Marta Valcárcel. Seguidamente, visitaron o casco antigo de Salvaterra, a biblioteca, a Casa do Conde, o castelo e o Museo do Viño.

O alumnado, que pertence ao centro de ensino KSF Freigericht de Alemaña, finalizou a súa estadía o pasado martes 18. Durante estas xornadas participaron activamente nun programa de actividades creadas para fomentar as competencias lingüísticas, a iniciativa persoal e cívica, así como o coñecemento de todos os aspectos socioculturais e económicos que definen a contorna do Condado.

Dende o ano 2012 o IES Salvaterra de Miño participa en programas de carácter europeo coa finalidade de darlle ao alumnado unha oportunidade de coñecer outras realidades, culturas, costumes e hábitos de vida diferentes.