Un ano máis o Concello de Salvaterra de Miño pon en marcha a súa iniciativa “A Biblioteca Viaxeira” a través do programa Ler conta moito, co fin de achegar a todas as parroquias actividades dinamizadoras da lectura

O pasado mércores celebrouse a primeira das sesións e quedan por diante outras catro. A máis inmediata, o vindeiro venres día 30, ás 16.30 no Centro Cultural Porto, onde Esteban Tarabelos impartirá, ca técnica do kamishibai, “Contos na roda: Manuel e Manuela”.

Xa en outubro haberá actividade os tres primeiros martes, ás 17.00 horas. O día 4 “Con ciencia de muller” na Casa de Cultura de Pesqueiras, o 11 obradoiro “Foto conto” na Casa de Cultura de Fornelos e o 18 “Da árbore ao libro” na Casa Cultural de Lira.

Todas as actividades son de balde. As persoas interesadas en participar unicamente teñen que anotarse chamando ao número de teléfono 637 108 343 ou enviando un correo electrónico ao enderezo biblioteca@concellodesalvaterra.org