A unidade móbil de coidados sociosanitarios posta en marcha pola Xunta de Galicia baixo o nome de “Coidados porta a porta” visitará o Concello de Arbo, por segunda vez, os días 29 e 30 de novembro e 1 de decembro e estará situado na rúa Luis Cubelas, ao carón de Correos.

Os servizos que presta son gratuítos e van dirixidos a persoas maiores de 55 anos. Trátase de servizos de audioloxía, podoloxía e de prevención do alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas

As persoas interesadas poderán obter información e solicitar cita previa no telefono 622 748 283 ou no Concello de Arbo.