Ao abeiro da axenda cultural, o Concello de Tomiño encheu este verán de ioga a contorna da fortaleza de Goián cun curso moi especial non só polo seu emprazamento, senón tamén por estar dedicado á infancia e, ademais, por tratarse dun ioga non tradicional, como é o chamado “ioga da risa”. “Tentamos aprender a importancia de rirnos con frecuencia, xa que o cerebro non distingue se a risa é real ou simulada e, entón, se rimos, liberamos dopamina e endorfinas que nos fan sentir mellor. Tamén fomentamos moito os abrazos, e en parella, xa que a colaboración de outra persoa sempre nos axuda a traballar mellor”, explica a monitora Sabine Pfister.

Ioga da risa na fortaleza de Goián