Arrancou onte na maxestuosa Carballeira de Turbela de Arbo e a degustación e toda a programación festiva continuarán hoxe e mañá para a veciñanza e os visitantes. É a 27 edición da Festa da Lamprea seca que esta fin de semana celebrase por primeira vez como Festa de Interese Turístico de Galicia.

Hoxe ás 10.00 horas terá lugar unha andaina popular. Ás 11.00 horas, os postos de degustación abrirán as súas portas e dará inicio a Feira de Artesanía e Antigüidades, ademais das visitas guiadas ao centro de interpretación do Viño e ao Lamprea “Arabo”. Ás 12.00 horas actuará o grupo A.C. Barca de Loimil e ás 12.30 horas o grupo O Son das Tabernas.

Ás 17.30 horas a charanga Cantos Somos animará a festa e ás 18.00 horas os pequenos poderán gozar cun inchable gratuíto. Ás 20.00 horas o grupo Guezos ofrecerá un concerto e ás 22.30 horas será a quenda do concerto do grupo D´Vacas.

Mañá comezará ás 10.00 horas a festa da bicicleta que sairá da praza do concello. Ás 11.00 horas abrirán os postos de degustación e a Feira de Artesanía e Antigüedades. Tamén comezarán as visitas guiada ao centro de interpretación “Arabo”. Ás 12.00 horas actuará a A.C. A Vella Barca e ás 12.30 horas animará o grupo 2Tipos.Pola tarde, desde as 17.30 horas, a charanga Os Encerellados animará ao derradeiro día de festa.

San Roque

Os arbenses celebrarán tamén con moitas ganas a festividade de San Roque o vindeiro martes, 16 de agosto, na Carballeira de Turbela. Comezará ás 10.00 horas, con ruada da Banda de Música de Arbo. As 11.00 horas, será a procesión da igrexa a carballeira. As 11.30 horas, misa solemne de campaña cantada pola Coral Polifónica de Arbo. Ás 13.00 horas, concerto da Banda de Música de Arbo. Ás 14.00 horas, xantar campestre co grupo Prisma. Ás 17.00 horas, xogos populares e as 19.00 horas, baile popular co grupo Prisma.