Fanfarra Kaustika dará un concerto hoxe, ás 22.30 horas, na Praza eo Pintor Antonio Fernández, en Goián (Tomiño). Trátase dunha banda ao estilo das fanfarras balcánicas que naceu en Águeda (Portugal) composta por músicos de vento e percusión que mesturan distintos estilos de música. Traerá a súa música itinerante ás rúas de Goián co seu proxecto “Supernova”, presentado no ano 2021. Entrada de balde e concerto para todos os públicos enmarcado no programa municipal #OSondasprazas.

Lembrando a Nino Bravo. Un espectáculo protagonizado pola voz do eurovisivo Serafín Zubiri. Unha proposta para nostálxicos e para os amantes da música en español. Neste evento recrearanse os temas máis emblemáticos de Nino Bravo coa voz do recoñecido artista Serafín Zubiri e a base instrumental da Agrupación Musical de Goián dirixida por Pedro Villarroel González. Será na Praza do Pintor Antonio Fernández e a entrada será de balde enmarcado no programa municipal #OSondasprazas.