A Cañiza acollerá este luns, 15 de agosto, a 56 Festa-Feira do Xamón na Carballeira do Cacharado. Esta edición incluirá tamén Certame de Cortadores de Xamón que acadará a súa séptima edición.

A novidade gastronómica neste 2022 desvelouna o alcalde cañicense, Luis Piña, na presentación da festa. Por primeira vez serviranse tapas de empanado de xamón; unha nova opción que se sumarán as tradicionais tapas de xamón curado, xamón asado, empanada de xamón e tortilla de xamón.

As racións venderanse todas a 6 €euros, incluindo pan, auga e un vaso de viño das adegas do val de Valeixe, Eido da Fonte e Abelán.

A festa, emprazada a 200 metros da saída da autovía A-52, comezará ás 11.00 horas coa venda dos tickets para as racións de xamón. Tamén a esa hora será o comezo da competición de especialistas de corte de xamón.

As 12.00 horas será o desfile da comitiva encabezada polos centenarios “Cabezudos” da vila e os pequenos da localidade ataviados cos traxes rexionais portando as bandexas de xamón; un desfile dende a casa consistorial ata a Carballeira do Cacharado.

As 12.30 horas, actuación do Grupo Folk “Os do Cruceiro” da Cañiza. Ás 13.00 horsa, actuación do Grupo Folclórico e Banda de Gaitas Santa Cristina de Valeixe. Ás 13.30 horas, actuación da Charanga “Evaristo”.

Pola tarde seguirán as actividades. Ás 19.00 horas será o espectáculo O Paxariño, de animación infantil, na rúa Oriente coa compañía “ANIMAR-T”. Á mesma hora, Torneo de Fútbol “Festa do xamón” no Campo Municipal do Vieiro.

A festa-feira rematará con verbena de madrugada a cargo da orquestra Charleston Big Band e o grupo Atenas.