María del Carmen Barros Serodio vén de graduarse en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios pola Universidade de Vigo con 18 matrículas de honra e unha nota media de 9,4. Con tal motivo, esta moza de Tameiga foi recibida no Concello de Mos pola alcaldesa, Nidia Arévalo; a concelleira de Política Social e Igualdade, Participación Cidadá, Cultura e Turismo, Sara Cebreiro e demais membros da corporación municipal, nun acto ao que tamén acudiron os pais da homenaxeada, Carmen Serodio e Antonio Barros.

María del Carmen fixo a súa formación académica na ensinanza pública. Os primeiros anos da súa educación pasounos no CEIP Pena de Francia, a ESO e o Bacharelato cursounos no IES de Mos, onde tivo o mellor expediente académico do ano 2018 cunha nota media de 9,2, e a ensinanza superior na Universidade de Vigo, á que accedeu cunha nota de 13,110 sobre 14.