A vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán chega a Baiona e Gondomar co espectáculo “De Valdeorras a México. Terra a nosa”. As representacións serán os días 10 de xuño e 3 de xullo, respectivamente, a cargo de Polo Correo do Vento.

Trátase dun espectáculo familiar para divulgar a biografía do poeta valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán (1903-1987), homenaxeado pola Real Academia Galega (RAG) co Día das Letras Galegas 2022.

Na actividade alternarase a narración da biografía de Delgado Gurriarán, coa creación dunha ilustración e a interpretación de distintas pezas musicais.

O espectáculo, organizado dende os servizos de Lingua e Memoria da Deputación de Pontevedra representarase en 35 concellos da provincia ata o 27 de xullo.