Volve a feira de artesanía Arte na Illa a Moaña. A Asociación Folklórico Cultural e Xuvenil Meiramar-Axóuxeres, coa colaboración do Concello, organiza este evento o vindeiro domingo, 29 de maio, na contorna da illa de Samertolameu.

A xornada dará comezo ás 12.00 horas coa lectura do pregón a cargo de Iria Pinheiro. Ás 12.15 horas concerto de Brais das Hortas. Ás 13.30 horas actuará Meiramar Axóuxeres e, a continuación (14.00 horas), Cantos de Taberna.

Xa pola tarde, ás 16.00 horas, tocará a Charanga de Lembranzas da Ría, ás 18.30 horas terá lugar un recital poético e ás 19.00 horas concertos das Pandereteiras de Lembranzas da Ría e Grupo Mediarea.