Relixión
As Festas do Santísimo Cristo da Victoria o 11, 12 e 13 de xuño
As orquestras Alabama, Televisión, Charleston e Gran Parada actúan na Praza do Castelo

Santísimo Cristo da Victoria, en Salvaterra de Miño. | // FDV / V.P.
V.P.
Salvaterra de Miño retoma este ano as súas populares das festas do Santísimo Cristo da Victoria. O Concello recupera esta celebración relixiosa tras dous anos sen poder vivila por mor da pandemia da COVID-19 e as medidas sanitarias.
As celebracións levaranse a cabo durante os días 11, 12 e 13 de xuño e contarán cun programa tradicional que inclúe misa, banda de música e verbenas con grandes orquestras.
O sábado, 11 de xuño, á noite haberá verbena no recinto amurallado a partir das 22.00 horas e estará amenizada polas orquestras Alabama e Televisión. Será na Praza do Castelo.
O día grande das festas será o domingo, 12 de xuño. Ás 12.00 horas celebrarase a misa solemne e ao remate concerto dará un concerto a Banda de Gaitas Pontenova. Pola noite novamente haberá verbena, que comezará coa actuación da Banda de Música, ás 20.30 horas e continuará coa orquestra Charleston. Será na Praza do Castelo.
E para rematar as Festas do Cristo da Victoria, o luns13 terá lugar a última verbena amenizada pola orquestra Gran Parada na Praza do Castelo. O Concello de Salvaterra de Miño desexa retomar esta celebración relixiosa tan querida pola veciñanza e anima a todos a participar.
- Portugal aplaude la musical reacción del Celta ante el saludo nazi de los ultras del Betis
- Daña cinco coches arrojando piedras a la AP-9 desde un puente en Vigo «pudiendo ocasionar un grave accidente»
- ¿Tienes mascotas en casa? Así podrás deducirte sus gastos de la declaración de la renta
- La pareja de Feijóo pide una concesión hasta 2037 del acceso desde su casa a la playa de O Con
- Ikea recupera el zapatero vertical para la entrada que arrasa en ventas
- Varias protectoras gallegas lanzan un SOS por Luna, una mastina que vive atada a un hórreo
- La segunda salida de tono del conselleiro de Sanidade: cuestiona la importancia que se le da a la salud
- Dos investigados más en relación con la detención del edil de Deportes de Cangas