O Concello de Nigrán ofrece hoxe unha Feira do Libro nunha tarde de sinerxías literarias entre escritoras y escritores do Val Miñor e eventos para todas as idades. Os actos desenvolveranse na nova biblioteca de Nigrán de 16.00 a 20.00 horas.

Artistas como a poeta Marta Dacosta encherán a sala de poesía con “Notas sobre a extinción”, o escritor e editor Fran Alonso realizará un recital poético “Dende a terraza”, Luisa Martínez, responsable da Unidade de Cultura Científica do CSIC en Galicia realizará un obradoiro para adultos sobre “Libros de ciencia para irse á cama”, Noelia Muíños e Ramón Quintas de Papelier mostrarán o seu libro “Camiño Portugués da Costa”. En narrativa, Fran Fernández Davila estará asinando a súa última novela “O Bosque do Duque ‘s Hertogenbosch”. O xornalista e director de Teatro do Ar, Pedro Rodríguez realizará un obradoiro de Creación de personaxes dramáticos. A escritora Soledad García estará firmando “Un Paseo por Nigrán” e xunto co grupo de fusión de arte Solaina, ao que pertence, realizarán un taller de pintacontaconto do seu libro “DEDAS”.