Tecnoloxía

Chega a telefonía móbil 4G e 5G para mellorar a cobertura na Cañiza

Teléfono de balde por se hai interferencias na televisión

v.p.

O Concello da Cañiza informou á súa veciñanza de que varias operadoras de telefonía móbil iniciaríano despregamento da 4G e 5G para ofrecer mellor conexión móbil e, consecuentemente, poderían producirse interferencias na televisión. De ser así, os afectados poden chamar ao teléfono gratuíto 900 833 999.

As operadoras de telefonía móbil Telefónica, Vodafone e Orange anunciaron que comezan a ofrecer na Cañiza servizos móbiles de nova xeración, 4G e 5G, nas bandas de 700 e 800MHz.

A nova tecnoloxía permitirá á veciñanza gozar de servizos de datos móbiles de alta velocidade, mellorará a cobertura no interior de edificios e ampliará a extensión xeográfica.

Con todo este despregamento pode producir algunha incompatibilidade coa TDT (Televisión Dixital Terrestre).

Para solucionar estas incidencias a entidade Chega700 será a encargada de garantir a compatibilidade desta nova tecnoloxía móbil coa TDT

Prestando aos veciños un servizo gratuíto, atendendo aos usuarios afectados xestionando e resolvendo posibles afectacións sen custo algún.

Para xestionar estes servizos, púxose a disposición dos cañicenses un teléfono de atención gratuíto (900 833 999) e unha páxina web www.llega700.es.