O CEP Altamira de Salceda de Caselas acolleu unha sesión de contacontos ilustrados organizada pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Emprego e Igualdade, sobre a figura da mestra e pedagoga Ernestina Otero.

A actividade dirixiuse a alumnos de educación infantil e primaria, co obxectivo de que coñezan e recoñezan figuras de mulleres que tiveron un papel relevante no desenvolvemento da sociedade galega contemporánea para achegarse a súa contribución aos eidos da cultural, social, científico, artístico e político.

A iniciativa insírese no programa Donas de si co que o Goberno galego traballa con 65 centros escolares no eido da igualdade. Diríxese ao alumnado de menor idade, das etapas de infantil e primaria, polo que se seleccionaron 35 escolas que imparten estes ciclos.

A escolma de mulleres protagonistas dos contacontos parte da publicación da colección Mulleres Galegas promovida pola Xunta e integrada por cinco biografías: a de Ernestina Otero, a da oceanógrafa Ángeles Alvariño, a da artista Maruja Mallo, a da editora María Victoria Moreno e a da mestra e inventora, Ángeles Ruiz Robles.